xoves, 9 xan 2014
O alcalde coñeceu hoxe de primeira man a evolución das obras de humanización que se están a acometer na rúa Anduriña. Tal e como explicou, nun mes estarán rematados os traballos de renovación de beirarrúas, asfaltado e pluviais.
martes, 7 xan 2014
Nestes días retómanse en Vigo as obras en marcha en distintas zonas da cidade, tal e como apuntou hoxe martes o rexedor quen explicou que os traballos de humanización reinicianse logo do parón das festas do Nadal. En rolda de prensa deu conta ademais da adxudicación de obras por valor de máis dun millón de euros.
mércores, 18 dec 2013
As obras de demolición de tres inmobles para mellorar o tránsito en Peniche rematán nesta semana e, a continuación, procederase á preparación do terreo, salvando o desnivel entre López Mora e Camiño Pazos. As obras da rotonda e zonas verde previstas na zona realizaránse con cargo aos orzamentos do 2014.
mércores, 11 dec 2013
O alcalde visitou este mércores os traballos de reforma da rúa, no tramo entre Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento superior aos 500.000 euros. A humanización cambiará as redes soterradas de saneamento, abastecemento e pluviais de Canceleiro, ademais de renovar a superficie.
mércores, 11 dec 2013
A Xunta de Goberno Local deu verde á adxudicación das obras de asfaltado de 13 rúas do casco urbano da cidade, por un importe de case 300.000 euros, unha cifra á que se suman outros 497.633 euros aprobados recentemente para reforzar a capa de rodadura doutras 14 rúas do rural.
luns, 9 dec 2013
As obras de asfaltado dos 700 metros da estrada de A Vía pendentes de arranxo comezarán en breve segundo avanzou hoxe o edil de Fomento, David Regades. A longo da súa intervención, instou a outras administracións a emular ao Concello que vai rematar o ano cun investimento público preto a 30 millóns de euros.
xoves, 5 dec 2013
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao inicio das obras da primeira fase de rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas. Estes traballos súmanse ao resto dos proxectos municipais en marcha nesta zona, entre os que destaca, a restauración da praza no Paseo Paz Andrade, a humanización de Tomás Alonso ou a rúa Ferrreiros.
venres, 29 nov 2013
O alcalde deu conta hoxe venres da adxudicación do precedemento para a contratación de obras de reforzo do asfaltado en 14 estradas de distintas parroquias da cidade. O orzamento ascende a case medio millón de euros.
mércores, 27 nov 2013
Abel Caballero informou este mércores da adxudicación provisional en Xunta de Goberno Local de asfaltados en Cachamuiña, Caracas, Don Quixote, Girona, Heraclio Botana, José Frau, Ricardo Portela, San Amaro, Sergio Saborido, Tomás Paredes, Paz, Juan Ramón Jiménez e o firme do túnel da Praza de América.
venres, 22 nov 2013
Abel Caballero explicou que a reforma do treito entre a rúa Ourense e Doutor Marañón conlevará un investimento superior aos 1,2 millóns de euros e incluirá, xunto á reforma da superficie, a necesaria renovación das canalizacións de servizos soterrados, 900 metros liñais de abastecemento, saneamento e pluviais.