Caballero data para finais de xaneiro o remate da humanización da rúa Canceleiro

O alcalde visitou este mércores os traballos de reforma da rúa, no tramo entre Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento superior aos 500.000 euros. A humanización cambiará as redes soterradas de saneamento, abastecemento e pluviais de Canceleiro, ademais de renovar a superficie.

mércores, 11 dec 2013
1386767693calle.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos de humanización da rúa Canceleiro, entre Areal e Rosalía de Castro, cun orzamento de 503.000 euros e tres meses de prazo de execución. O rexedor datou para finais de xaneiro o remate da obra, que parará desde o 20 de decembro por mor das festas de Nadal.

Caballero salientou que a reforma da rúa inclúe a renovación das redes soterradas de servizos, tanto o abastecemento como o saneamento e as pluviais, ademais da habitual mellora en superficie, con beirarrúas máis amplas e de granito, novo pavimento, dúas liñas de aparcamento sen supresión de prazas, nova rede de rego, arborado, papeleiras e puntos de luz.
Descargar todas as imaxes