xoves, 12 dec 2013
O xurado do concurso internacional de Arquitectura SC2013 Spain-China elixirá mañá venres a mellor proposta de rehabilitación para a Panificadora de Vigo. Así o explicou hoxe o rexedor logo dun encontro que mantivo cos responsables deste certame, patrocinado polo Concello, que ten por obxectivo ofrecer oportunidades para estudantes e arquitectos xóvenes de todo o mundo.
xoves, 12 dec 2013
O Circo do Nadal abrirá as súas portas na Avenida Castelao entre o próximo 20 de decembro e o 12 de xaneiro. Abel Caballero animou a toda área de Vigo a acudir a este evento durante a rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañdo polo responsable da compañía La Fiesta Escénica.
xoves, 12 dec 2013
Abel Caballero e unha delegación caboverdiana informaron este xoves dos proxectos que realiza Vigo e Galicia, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no arquipélago atlántico. Os dous últimos proxectos cofinanciados polo Concello de Vigo, vicepresidente do Fondo, foron dirixidos á mellora da xestión de residuos en Porto Novo e á dinamización da agricultura en Santa Cruz.
xoves, 12 dec 2013
O venres 13 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na planta primeira da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "Gonzalo Viana. Mito, fábula e distopía".