O Concello investirá 800.000 euros en asfaltar 27 rúas do rural e do casco urbano

A Xunta de Goberno Local deu verde á adxudicación das obras de asfaltado de 13 rúas do casco urbano da cidade, por un importe de case 300.000 euros, unha cifra á que se suman outros 497.633 euros aprobados recentemente para reforzar a capa de rodadura doutras 14 rúas do rural.

mércores, 11 dec 2013
O alcalde de Vigo deu conta da adxudicación do procedemento aberto para a contratación das obras de en diversas rúas do casco urbano no termo municipal de Vigo. Cun importe de preto de 300.000 euros, asfaltaránse as rúas: Cachamuíña, Caracas, Don Quijote, Gerona, Heráclito Botana, José Frau, Túnel Plaza América, Ricardo Portela, San Amaro, Sergio Saborido, Tomás Paredes, Paz e Juan Ramón Jiménez.

A estes traballos, explicou, hai que engadir outra partida de medio millón de euros aprobada hai dúas semanas para asfaltar as seguintes rúas do rural: rúa Saa Beade; Camiño Arieiro Bembrive; avenida do Tranvía Cabral; Ceip Carballal Cabral; rúa Goleta; Candeán; rúa Portoloureiro, Castrelos; Camiño Romeo, San Andrés de Comesaña e estrada de Fragoselo.