ProVigo organizará xornadas sobre os sectores estratéxicos para o futuro da cidade

Caballero presidiu este mércores a reunión do padroado da Fundación, que acordou a realización dunhas xornadas temáticas sobre a presenza das áreas económicas nas institucións, a loxística e o transporte, a pesca, os sectores emerxentes, o comercio e a hostelería, e os fondos europeos no horizonte de 2020.

mércores, 11 dec 2013
1386767756provigo.JPG
O alcalde e presidente de ProVigo explicou este mércores que as novas xornadas se enmarcan na reflexión iniciada este mesmo ano na Fundación sobre os retos de futuro da cidade.

O proposta terá un carácter máis específico que as organizadas en ocasións anteriores e cada xornada abordará temas como a presenza dos sectores económicos nas institucións, o futuro da loxística e o transporte na cidade, a intermodalidade e o futuro do Porto de Vigo, o complexo mar-pesca e o seu futuro no desenvolvemento da área viguesa, situación e perspectivas dos sectores emerxentes -biotecnoloxía, aeroespacial, TIC...-, os fondos rexionais europeos no horizonte de 2020 e o ocio, comercio e hostelería como capacidade de atracción de Vigo.

As xornadas forman parte do plan de actuacións previsto para o ano 2014 e deberán ir acompañadas de presenza, previo debate sobre as fórmulas, nas institucións europeas para defender os intereses da cidade. O padroado aprobou as contas do presente ano con "superávit", dentro do plan de saneamento da entidade iniciado, explicou Caballero.
Descargar todas as imaxes