O Concello suma aos proxectos de humanización de Bouzas a rehabilitación da Casa do Patín
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao inicio das obras da primeira fase de rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas. Estes traballos súmanse ao resto dos proxectos municipais en marcha nesta zona, entre os que destaca, a restauración da praza no Paseo Paz Andrade, a humanización de Tomás Alonso ou a rúa Ferrreiros.
O alcalde de Vigo deu conta da contratación das obras da primeira fase de rehabilitación da Casa do Patín, na rúa Alfolies con Eduardo Cabello. Tal e como explicou, a Xunta Local de Goberno aprobou definitivamente o 18 de novembro de 2001, o proxecto expropiatorio o que permitiu acometer estes traballos nestes momentos. Durante a rolda de prensa, o rexedor explicou que esta obra enmárcase dentro do conxunto de proxectos que o Goberno está a acometer en Bouzas, cun investimento que supera os 2 millóns de euros.
Segundo lembrou, o Concello está a realizar a reforma da praza no Paseo de Paz Andrade, a humanización de Tomás Alonso e rúa Ferreiros. Isto supón, dixo, o maior investimento que se fixo nunca na historia da "Vila de Bouzas".
Xerencia de Urbanismo
Na xerencia de Urbanismo desta mañá, deu conta o rexedor, iniciouse o procedemento para a ocupación directa da parcela situada na rúa López Mora número 1, con destiño á ampliación do viario público. Nun mes, dixo, demoleremos as tres casas, con acordo cos propietarios, para construir unha grande rotonda "o que suporá un cambio na configuración do tráfico e de toda a zona". Asimesmo, constatou que na rúa de Menéndez y Pelayo tamén houbo acordo cos propietarios para ampliar a estrada, a cambio dos aproveitamentos urbanísticos cando se desenvolva o ámbito.
A Xerencia desta mañá tamén deu luz verde á concesión de 16 licenzas de obras e 8 de actividade para un investimento de máis de 4 millóns de euros. Entre as licenzas, destacou a de Inversións Abuín SL para o traslado, reedificación e ampliación de Bodegas Bandeira para construir un centro comercial. Suporá, dixo o rexedor, a tranformación dunha zona deteriorada que pasará a urbanizarse, ampliándose as rúas adxacentes. De feito, a empresa deberá ceder ao Concello 104 m2 para a ampliación de rúas circundantes, así como o uso e a utilización pública da superficie do espazo libre de 1.061 m2 totalmente urbanizados.