O Concello adxudica por 333.000 euros as obras para concluir o Centro Galego de Fotografía
Carmela Silva informou este mércores da adxudicación provisional da segunda fase das obras do Centro Galego de Fotografía que, unha vez rematadas, permitirá a instalación do mobiliario e equipos para a súa posta en funcionamento. Ata o momento, o investimento nesta infraestrutura cultural roza os 1,5 millóns.
A tenente de alcalde, Carmela Silva, indicou este mércores que o goberno de Vigo está inmerso no proceso de licitación da segunda fase do Centro Galego de Fotografía, adxudicada provisionalmente por importe de 333.000 euros.
Dez persoas traballarán nestas melloras, que contemplan a conclusión da albañilería, a colocación das instalacións, a carpintería, pintura e acabados, e permitirán que o edificio estea disposto para a instalación de mobiliario e equipos, cara a súa apertura definitiva.
A adxudicación provisional será aprobada na próxima Xunta de Goberno Local, segundo adiantou Silva, tras o que o licitador terá dez días para presentar a documentación e, cinco días despois, será adxudicado definitivamente o contrato. O prazo de execución das obras é de tres meses -a concluir entre marzo e abril de 2014- e a empresa asume un compromiso de mantemento do inmoble por catro anos.
Carmela Silva apuntou que o goberno de Vigo pretende con esta infraestrutura dar un impulso á zona histórica da cidade, promovendo unha recuperación arquictónica e urbanística, ademáis de social, cultural e económica.