Urbanismo inicia a rehabilitación da "emblemática" Casa do Patín, en Bouzas
A tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, informou este mércores da contratación da primeira fase da obra, despois de ter expropiado os terreos. O Concello desmontará a fábrica de sillería de pedra das fachadas e muros interiores, tomando medidas para a súa conservación e posterior montaxe, cando se contrate a segunda fase da rehabilitación, no próximo ano.
Silva anunciou este mércores a contratación da primeira fase das obras de rehabilitación da "emblemática" Casa do Patín, en Bouzas, despois de ter rematado coa expropiación dos terreos. Trátase dunha "reclamación histórica das mulleres e homes que viven en Bouzas" que o goberno local está a dar "cumprimento". "Vigo está comprometido con que o seu patrimonio arquitectónico nunca máis sexa destruído", afirmou.
Revelou a tenente de alcalde que os traballos nesta etapa consistirán en desmontar a fábrica de sillería de pedra existente nas fachadas e nos muros interiores correspondente ó nivel da planta primeira. A desmontaxe implicará o levantamento dun plano de fachada numerando e marcando as pedras, coas medidas de protección necesarias para garantir a conservación e acopio para facilitar a súa montaxe cando se contrate a segunda fase da rehabilitación.
Procederase á derruba das soleiras existentes, así coma das cubertas de tella e forxados de madeira que aínda existen nun dos volumes. No 12 da Rúa Alfolies derrubarase a totalidade da cuberta de hormigón e tamén os pilares que sustentan dita cuberta. Acometerase asemade a limpeza total da parcela na que se atopan as edificacions.
O 18 de novembro de 2011, a Xunta de Goberno Local aprobou definitivamente o proxecto expropiatorio que inclúe a Casa do Patín, en Bouzas, na rúa Alfolies con Eduardo Cabello. O obxectivo, indicou Silva, era obter os terrenos e posibilitar a rehabilitación ou reconstrucción dos inmobles e posterior afectación dos mesmos. O prezo pagado polas parcelas é de 507.100 euros, abonándose o último pago o 30 de outubro de 2013.
Descargar todas as imaxes