277 alumnos de secundaria participaron nun coloquio sobre cine con Manuel Rivas
Iniciativa do Concello, a proxección de A Lingua das Bolboretas reuníu hoxe martes a 277 alumnos de secundaria no Auditorio Municipal onde participaron nun coloquio con Manuel Rivas, autor dos relatos nos que se baseou o filme. A tenente de alcalde, Carmela Silva, manifestou a súa "satisfacción" pola participación dun "referente do compromiso con Galicia".
A iniciativa municipal Unha lección de cine concitou hoxe martes a 277 alumnos de sete centros de sencundaria da cidade para disfrutar da película A Lingua das Bolboretas. A continuación, os participantes tiveron a oportunidade de conversar con Manuel Rivas, autor dos relatos nos que se baseou José Luis Cuerda para rodar o filme.
Esta actividade lévase realizando desde 2013, pero este ano incorpora un formato novo xa que se proxecta un filme sobre unha novela dun escritor contemporáneo, que a continuación participa nun coloquio cos estudantes. Tal e como explicou en rolda de prensa a tenente de alcalde, Carmela Silva, é unha aposta pola literatura galega contemporánea e polo cine galego, como é o caso do Clube da calceta e O Bosque que leva. As películas son do propio servizo de normalización municipal, co obxectivo de ser prestadas aos centros de ensino.
Xa se proxectou o Clube da calceta, que contou coa autora, María Reimdondez;e o O bosque que levas, que contou coa presenza do seu autor, Alfoso Alvarez Cáccamo.
Descargar todas as imaxes