Caballero traslada o apoio do Concello aos traballadores de Freiremar
Abel Caballero coida xustas ás reivindicacións dos traballadores de Freiremar cos que esta mañá mantivo un encontro no que lles trasladou o apoio total do Concello de cara a buscar solucións aos seus problemas xa que se sinten "indefensos" ante a actitude da empresa que está a vaciar a empresa para instalala noutro lugar. O alcalde insta á Xunta e a empresa a buscar solucións cos máis do centenar de traballadores afectados.