Escoitar

O programa de actividades de Nadal 2013 "é o máis importante da historia da cidade"

Abel Caballero presentou hoxe venres as actividades de animación previstas desde o Concello para o periodo navideño. Cualificou o cartel como o "máis importante da historia da cidade" resaltando os centos de actos previstos para todas as idades e por todas as zonas de Vigo.

xoves, 5 dec 2013
O encendido das luces de Nadal dará comienzo ao programa de actividades "máis importante da historia da cidade". Así o explicou hoxe en rolda de prensa o alcalde, facendo fincapé nos centos de actos para todas as idades que se organizarán estes días en toda a xeografía viguesa.

Para nenos e nenas, haberá campamentos no Vigozoo, nas Ludotecas e nos Centros Cívicos; Contacontos no Verbum, na Biblioteca Juan Peñafel, no Casco Vello, no Café de Catro a Catro, na Biblioteca Neira Vilas, na Libraría Hobit-Navia, Libraría Andel, na Asociación Fonte do Galo, na Casa da Xuventude e en Valadares. O programa inclúe música, teatro e baile no Hospital Xeral, no Museo Verbum, no MARCO e no Auditorio Municipal. O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Parque Infantil do Nadal de Vigo e a Biblioteca Juan Peñafiel porá en marcha obradoiros de lectura. Non se esquece o deporte, co Torneo de Nadal Fútbol 7, "Concello de Vigo", con máis de 600 participantes e a XXI Festa do Judo Infantil, no Ifevi, para máis de 1.500 nenos e nenas.

Para a mocidade, proseguiu o rexedor, estarán de novo Súbete ao Castro e Vigosónico, con torneos de distintas modalidades deportivas, ximcanas, teatro e concertos.

O programa para toda a familia inclúe o Circo de Nadal de "La fiesta escénica"; o musical "El gato con botas"; Vigolandia -no Ifevi-; a exposición Days of dinosaur, que continúa aberta no recinto feiral de Vigo; e a pista de xeo -en Samil-.Tamén haberá espazos para a música e o teatro, que chegarán da man de Pablo Díaz, de Uxía e de Matreska Teatro, que actuarán no Auditorio Municipal. Rosalía Pequeniña. No Auditorio Mar de Vigo actuará o Orfeón Rei Rivero e o Orfeón Airiños de Vigo, ademais de Panxoliñas nos centros e servizos ás persoas maiores.

As actividades deportivas inclúen a VII Subida ao Castro, o Gran Premio Nadal de Atletismo e a carreira San Silvestre 2013.

Alumeado
Respecto do alumeado de Nadal, o alcalde avanzou que funcionará desde hoxe ata o 7 de xaneiro, con luces de baixo consumo. O horario será todos os días ata a media noite e fin de ano e noiteboa funcionará todo o día. Haberá 212 rúas iluminadas, casi un 30% máis que o ano pasado, coa incorporación de 50 novas rúas: González Sierra, Venezuela, Plaza Fernando el Católico, Vitoria, Marqués de Valladares, Reconquista, Uruguay, Pza da Tellada, Isleta Manuel de Castro, López Mora, Torrecedeira, Pizarro, Gran Vía, Oporto, Val Miñor, Cruce Pontevedra-Inés Pérez de Ceta, Arenal, Concepción Arenal, Carral, Aragón (peatonal), Ramón Nieto, Rosalía de Castro, Cruce dos Caños, Cruce Urzáiz-Gregorio Espino, Praza Suárez Llanos, Eduardo Cabello, inicio Tomás Alonso, Centro Cultural Becerreira, Local Social Candeán, AVV da Feira, Asociación Parada, Jenaro de la Fuente, Manuel Núñez, Doctor Cadaval, Pza Kruckemberg, Portela, Jesús Fernández, Pi y Margall, Maestro Mateo, Escaleras de la Piedra, García Olloqui. Ampliáronse en Sanjurjo Badía, Teixugueiras, Castelao, Coruña, Florida, Fragoso, Velázquez Moreno, García Barbón, Urzáiz, contorno do estadio de Balaídos.

Como novidades, resaltou unha árbore xigante na Porta do Sol, a iluminación da fachada do Marco e a "árbore da solidariedade" na farola de Urzáiz.

Finalmente, abundou, haberá actividades musicais e animación por todo Vigo: Casco Vello, Travesas, Calvario, Bouzas, Pi i Margall, Torrecedeira e Teis.