Escoitar

Caballero obtén o respaldo das autoridades europeas ao criticar a nova lei de bases de réxime local

O alcalde de Vigo constatou que as autoridades europeas comparten as súas críticas ao Proxecto de Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local porque constitúe unha "seria" vulneración da autonomía dos poderes municipais en Europa. Así o explicou hoxe, á volta dunha viaxe á capital belga na que mantivo encontros con diversas autoridades, entre elas, Martin Schulz, presidente do Parlamento Europeo.

xoves, 5 dec 2013
Abel Caballero fixo hoxe balance da súa viaxe á Bruxelas explicando que o obxectivo era "expoñer á democracia europea a situación do municipalismo en España", resaltando o recorte "dramático" que suporá a caída de emprego e servizos sociais, ademais da vulneración da Carta Europea de Autonomía. Constatou, dixo, o acordo do Parlamento Europeo e do Comité das Rexións ao asegurar que o Proxecto de Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local constitúe unha "seria" vulneración da autonomía dos poderes municipais en Europa. Sen entrar no ámbito do desenvolvemento interno de España, matizou, o alcalde avanzou o inicio dun proceso conxunto para denunciar a ruptura da autonomía local desde España e a Carta de Autonomía Europea.

Caballero asegurou que recibiu comprensión de todas as autoridades coas que se reuníu e anunciou unha marcha conxunta que rematará no Consello dos poderes locais e rexionais de Europa "seguramente cunha resolución que condene la actuación do Goberno de España". Reiteriou que todas as administracións coindiden ao asegurar que os cidadáns españois van perder unha parte importante da súa democracia que é o poder municipal, sobre todo, en época de crise.

Caballero, que estivo en Bruxelas o martes e o mércores desta semana, mantivo encontros con Martin Schulz, presidente del Parlamento Europeo; Juan Fernando López Aguilar, presidente da delegación socialista española no Parlamento Europeo; Pervenche Berés, presidenta da Comisión de Empleo; Sergio Cofferatti, eurodiputado e ex alcalde de de Bolonia; Mercedes Bresso, vicepresidenta del Comité de las Regiones, e, con Sylvie Guillaume, vicepresidenta del grupo SD y teniente- alcalde de Lyon.