martes, 6 mai 2014
O alcalde anunciou hoxe martes a remisión dunha carta á ministra de Fomento, Ana Pastor, na que solicita a transferencia da titularidade da Avenida de Madrid, desde o Seminario ata a Praza de España, para humanizar a entrada sur da cidade. O goberno local prevé retirar o valado e iniciar a reforma por fases desde a Praza de España.
luns, 5 mai 2014
O alcalde informou este luns da aprobación dos plans de seguridade e saúde e o nomeamento da dirección facultativa dos traballos de renovación das redes de saneamento no casco urbano, nunha primeira fase. O Concello acometerá as melloras cun orzamento próximo aos 600.000 euros nos entornos de Esperanto e da Cordoeira e en Couto Piñeiro.
martes, 29 abr 2014
O concelleiro de Fomento, David Regades, informou este martes do estado de execución do plan de asfaltados, no que o goberno local inviste dous millóns de euros, un mantemento de rúas que o Concello reforza coa contratación de oito persoas por seis meses. Máis dunha ducia de viais no rural están xa asfaltándose ou comezarán nas próximas dúas semanas.
xoves, 24 abr 2014
O plan de asfaltados que está a axecutar o Concello de Vigo realizará melloras no firme en todas as parroquias e no casco urbano. Cun orzamento de máis dun millón de euros, os traballos, explicou o rexedor, están condicionados ás condicións climatolóxicas.
martes, 22 abr 2014
O alcalde deu conta do comezo hoxe dos traballos de vallado para a posta en marcha das escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez, unha vez realizadas as catas correspondentes para garantir a seguridade arqueolóxica. Caballero avanzou que o resultado destes traballos terá "gran afecto na mobilidade na cidade" xa que son a "primeira actuación da historia no Vigo vertical".
luns, 21 abr 2014
O Concello comeza hoxe luns as reformas das rúas Moaña, Coutadas e Areal -no treito entre o número 106 e Miragaia-. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, no transcurso dunha rolda de prensa na que explicou que o inicio dos asfaltados, previstos tamén para esta semana, dependerán das condicións metereolóxicas.
luns, 14 abr 2014
Abel Caballero avanzou hoxe luns que a semana que vén comezarán as obras de humanización nas rúas Moaña e Areal e en numerosas zonas do barrio de Teis. Ademais, tamén están en execución obras por todo o rural, así como asfaltados en moitas estradas da cidade.
xoves, 3 abr 2014
Cun investimento superior a máis de 2 millóns de euros, as obras de humanización convertiron Menéndez Pelayo "nunha zona de Vigo distinta", con 80 metros lineais máis de rúa. Durante unha visita, Caballero cualificou o resultado destes traballos "como unha das grandes transformacións na cidade" xa que antes presentaba unha sección de carril único, estreito, sen beirarrúas cun trazado en pranta e rasante sinuoso.
mércores, 2 abr 2014
Abel Caballero cifrou hoxe mércores en máis de 6 millóns o custo da humanización da rúa Camelias cando está a punto de rematar a primeira fase e de iniciarse o tramo que vai de Ourense a Doutor Marañón. Ademais destes traballos, o rexedor deu conta da posta en marcha de ducias de obras no centro e nas parroquias.
martes, 1 abr 2014
O goberno local empezará a próxima semana os traballos de humanización da segunda fase de Camelias -rúa Ourense-Doctor Marañón-, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. Cun orzamento de preto de 2,5 millóns para as dúas fases, Caballero cualificou esta humanización "como unha das grandes obras da cidade".