Escoitar

O goberno municipal humaniza a rúa Boan, en Teis, cun investimento de 413.000 euros

O alcalde, Abel Caballero, visitou este venres os traballos de mellora da rúa Boan, un deteriorado vial de Teis que será pavimentado, verá renovadas as redes de saneamento e abastecemento, e contará cunha beirarrúa da que ata agora carecía. As obras rematarán en catro meses, segundo a estimación municipal.

venres, 8 nov 2013
1383916953boan.JPG
O Concello de Vigo está a investir 413.000 euros para reformar e humanizar a rúa Boan, no barrio de Teis, unha estrada visiblemente deteriorada -datada polo alcalde en 70 anos sen reforma- que ganará unha beirarrúa e a renovación do pavimento e das redes de servizo soterradas. O prazo de execución previsto para esta obra é de catro meses.

Segundo explicou Caballero durante a visita, a mellora abarca case 2.900 metros cadrados de superficie e os veciños contarán cunha beirarrúa de metro e medio de ancho, ademáis dun novo pavimento, unha liña de estacionamento delimitada, bancos e nova iluminación.

Tal e como é habitual nas humanizacións, o goberno de Vigo aproveitará a reforma para renovar as redes soterradas de abastecemento e saneamento, e canalizará tamén as augas pluviais.
Descargar todas as imaxes