venres, 8 nov 2013
Catorce rúas de distintas parroquias da cidade verán o seu asfaltado renovado ao longo das próximas semanas. Así o aprobou o goberno hoxe nunha reunión na que tamén se deu luz verde á licitación da escola infantil de Navia.
venres, 8 nov 2013
A quebra da promotora deixou fases desta nova urbanización sen realizar e o Concello de Vigo executou subsidiariamente as obras, xa rematadas e recepcionadas. Así o comunicou hoxe venres o alcalde tras pasar pola Xerencia de Urbanismo. Caballero agradeceu a "fantástica" colaboración dos propietarios.
venres, 8 nov 2013
Carmela Silva foi hoxe venres a encargada de presentar a Semana de Teatro Afeccionado que, a partir de mañá sábado, ofrecerá cinco actuacións con outros tantos grupos da cidade. A iniciativa arranca co grupo Teatro Tarantela, que actuará a partir das 20,00 horas na SCR Helios de Bembrive.
venres, 8 nov 2013
Co obxectivo de previr entre a mocidade a violencia de xénero na utilización das redes sociais, a Concellería de Igualdade organiza unha charla-coloquio " ENREDÁMONOS NAS REDES...? As ciberviolencias e os controis das redes sociais", martes, 12 de novembro ás 19:00 h na Casa Galega da Cultura.<br />
<br />
<br />
<br />
venres, 8 nov 2013
Este sábado 9 de novembro celébrase na praza do Berbés a festa tradicional do MAGOSTO 2013, organizada pola Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" , coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. O evento comezará ás 18:00 h coa apertura ao público e a degustación das castañas; haberá actuacións de grupo de gaitas e baile ás 18:30h e 20:15 h, e a lectura do pregón ás 19:30 h.
venres, 8 nov 2013
O Concello, a Universidade de Vigo, a Fundación Celta e o Real Club Celta están a desenvolver a campaña de dinamización da lingua galega " Gústame o galego de primeira". Para demostrar ese apoio, o sábado, 9 de novembro, en Balaídos farase o fotocol da campaña, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para darlle o apoio a lingua galega. Dende as 19.00 h e até o comezo do partido (22.00 h).