O Concello ultima a reforma de Menéndez Pelayo abrindo "unha nova rúa no centro da cidade"
Caballero afirmou que a humanización en marcha ampliará unha zona estreita entre os números 13 e 15 de Menéndez Pelayo convertíndoo nun tramo adaptado á mellora do resto da rúa. Tal e como explicou o rexedor durante a visita ás obras, o Concello adica 2,2 millóns de euros á reforma desta rúa, cun prazo de execución de 24 meses.
A humanización, tal e como aseverou o alcalde durante a visita ás obras, actuará sobre case 700 metros de rúa e contempla 57 novas árbores, 62 puntos de luz, bancos, papeleiras, xardineiras e a renovación de tres quilómetros de redes de servizos soterrados. Tamén soterramento de cables, o que eleva a 4 kilómetros os colectores nesta rúa.
Caballero enfatizou na apertura da parte estreita existente, no intermedio da rúa, de case 100 metros de lonxitude, sen beirarrúas e un único carril. O Concello ampliará a zona, que quedará adecuada á humanización do resto da rúa, incrementando o carril e creando 18 novas prazas de estacionamento.
A ampliación desta rúa, dixo, é froito dun convenio de colaboración cos propietarios que ceden o espazo a cambio dos aproveitamentos urbanísticos que lles correspondan cando se desenvolva o ámbito. Neste punto, felicitou aos concelleiros de Urbanismo e Fomento, Carmela Silva e David Regades, respectivamente, porque "foi moi difícil" sacar adiante este proxecto.
Descargar todas as imaxes