Escoitar

Vigo conta cun Paseo do Matemático Rufo Pérez en honor a súa labor docente e social

Vigo conta desde hoxe cun Paseo do Matemático Rufo Pérez, na baixada ao Pontillón, en honor ao profesor que formou a miles de vigueses nas aulas do Santa Irene. Caballero resaltou que este nomeamento é un recoñecemento a un profesional comprometido coa docencia e a democracia en anos de dura represión social e política.

mércores, 6 nov 2013
1383743168rufoperez.JPG
Abel Caballero eloxiou o Paseo do Matemático Rufo Pérez que desde hoxe leva o nome do emblemático profesor de matemáticas, na baixada ao Pontillón. En presencia de familiares, representantes de alumnos, compañeiros e responsables municipais, destacou que se trata dun "fermoso nome para un paseo singular, á beira dun río inigualable". Referiuse os días que o profesor de matemáticas paseou por o espazo que hoxe leva o seu nome, o nome de matemático, na categoría da docencia, da filosofía....

Durante a súa intervención, o rexedor resaltou que o homenaxeado formou parte dun grande saga de profesores, naquelas épocas tan duras dos anos 40,50 e 60. "Eran capaces de levantar a súa voz, o seu espíritu e o seu carácter democrático na súa laboura de docencia, porque "a levaban na súa alma". Educaron a miles e miles de vigueses co seu xeito de entender Vigo, Galicia e a Docencia.

O alcalde felicitouse por formar parte dunha xeración que "tivemos a fortuna" de ter mestres comprometidos coa sociedade" e co tempo, engadiu, soupemos que foron represaliados e perseguidos, por iso o camiño que hoxe nomeamos simboliza "a loita pola democracia e e polas libertades". Rematou o seu discurso recoñecendo que se trata duns "dos actos máis emotivos desde que son alcalde porque é un recoñecemento a alguén que formou parte da formación de miles de vigueses.

Formaron parte do acto Salvador Beloso, antigo alumno de Rufo Pérez e Avelino Muleiro, compañeiro de Mestre Rufo e presidente da Asociación Alvaro das Casas.
Descargar todas as imaxes