O Concello completa o 100% do finanzamento de comedores escolares cun último pago de 366.000 euros
Abel Caballero deu conta do pago de 366.000 euros para bolsas de comedor, co que se completa o investimento de 1.656.000 euros previsto no presente exercicio. Durante a rolda de prensa, lembrou que o recorte da Xunta nesta materia segue a ser de 200.000 euros nesta cidade.
O Concello de Vigo ven de efectuar un pago de 366.000 euros para finanzar as bolsas de comedor que nestes momentos, cun orzamento de 1,6 millóns de euros, ten un nivel de execución do 100%. No ano 2008, cun investimento de 400.000 euros, o nivel de execución nestas datas era dun 66%. Tal e como lembrou, no ano 2009, o nivel de execución dos 460.000 euros orzamentados era dun 64,34%, mentres que no 2010, esta porcentaxe situabase no 60,48% e a partida era de 370.000 euros.
Nesta mesma liña, Caballero criticou o recorte da Xunta en bolsas de comedor, unha merma que no caso da cidade de Vigo elévase a 200.000 euros "porque mentres que uns aumentamos esta partida de xeito continuada, a Xunta segue a recortar".