Escoitar

O Concello ultima a reforma de Menéndez Pelayo abrindo "un novo vial no centro da cidade"

Caballero afirmou que a humanización en marcha ampliará unha zona estreita entre os números 13 e 15 de Menéndez Pelayo convertíndoo nun tramo adaptado á mellora do resto da rúa. O Concello adica 2,2 millóns de euros á reforma desta rúa, cun prazo de execución de 24 meses.

luns, 4 nov 2013
A humanización, tal e como aseverou o alcalde, actuará sobre case 700 metros de rúa e contempla 57 novas árbores, 62 puntos de luz, bancos, papeleiras, xardineiras e a renovación de tres quilómetros de redes de servizos soterrados.

Caballero enfatizou na apertura da parte estreita existente, no intermedio da rúa, de case 100 metros de lonxitude, sen beirarrúas e un único carril. O Concello ampliará a zona, que quedará adecuada á humanización do resto da rúa, incrementando o carril e creando 18 novas prazas de estacionamento.