O Concello executou obras nos cemiterios municipais por valor de 100.000 euros en 2013
Abel Caballero deu conta das obras que se acometeron ao longo deste ano nos cemiterios municipais. O montante destes traballos ascende aos 100.000 euros e inclúe melloras nos camposantos de Teis, Pereiró, Beade e Lavadores.
As obras executadas nos cemiterios municipais en 2013 ascenden a 100.000 euros, traballos aos que hai que sumar labores de limpeza e ornamentación. Concretamente, no camposanto de Teis, detallou o alcalde en rolda de prensa, fíxose a canalización de pluviais, a renovación da acometida eléctrica, a ornamentación na entrada principal e parte superior do cemiterio, a colocación de parterres nos tramos das escaleiras, a instalación de barandas e o subministro de xabre na entrada principal. Ademais, estamos pendentes de iniciar as obras que permitan asegurar o conxunto de nichos que estaban en situación precaria porque, aínda que é de propiedade privada, o vai costear o Concello.
No caso de Pereiró, os traballos consistiron en recuperar a capela e realizar actuacións de acondicionamento; en Beade, tamén se arranxaron os bancos e estase a construir un aseo e, no de Lavadores, colocáronse barandillas e escaleiras no recinto do cemiterio, ademáis de repoñer o enrexado do chan. Respecto dos traballos de limpeza e ornamentación, consisten na reposición de plantas, recebado e compacatado de camiños.
O alcalde lembrou tamén que se seguen a editar os folletos que narran a riqueza arquitectónica dos camposantos vigueses, que percorren dous séculos de historia.