Vueling implementa dúas conexións diarias con Barcelona que permitirán ida e volta no día
Abel Caballero avanzou hoxe mércores que xa están a venda os billetes das dúas conxións diarias coas que Vueling unirá Barcelona e Vigo a partir de abril. Esta "magnífica" noticia permitirá ir e volver no mesmo día, o que supón cubrir unha importante demanda na cidade. <br />
Vueling conectará Vigo con Barcelona con dous vóos diarios a partir do mes de abril, segundo anunciou hoxe o rexedor quen indicou que xa están a venda os billetes. Esta "magnífica" noticia permitirá incrementar en 11.000 as prazas na conexión de Peinador coa Cidade Condal e ir e volver no mesmo día, unha importante demanda na cidade. O avión sairá de Barcelona ás 06,50 horas e as 9,00 horas parte de Vigo, para voltar ás 19,35 horas. As 22,00 horas sairá de novo para Barcelona.
Estas conexións significa, dixo o alcalde, que "imos conseguindo avances en Peinador", en referencia a decisión de Volotea de operar aquí ou a recuperación do voo das 07,00 horas a Madrid con Iberia Express. Respecto da cooperación con Vueling, Caballero resaltou que o acordo coa compañía pasa por promocionar os horarios, non subvencionar os vóos.
Descargar todas as imaxes