xoves, 31 outubro 2013
Concerto ULOBIT + KANUKANANINA (Miguel Pipa)<br /> Obradoiro CIRCUIT BENDING (Miguel Pipa)

Festival VERTIXE VIGO’13 esta fin de semana no MARCO

xoves, 31 out 2013

VERTIXE VIGO’13 é unha nova proposta de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla da creación sonora internacional. Organizada por Vertixe Sonora —un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre música e outras artes— en cooperación con Musicadhoy, conta coa colaboración do MARCO, onde ten lugar unha parte dos concertos e obradoiros.