Escoitar
Concerto ULOBIT + KANUKANANINA (Miguel Pipa)<br /> Obradoiro CIRCUIT BENDING (Miguel Pipa)

Festival VERTIXE VIGO’13 esta fin de semana no MARCO

VERTIXE VIGO’13 é unha nova proposta de concertos e actividades que ofrece unha panorámica ampla da creación sonora internacional. Organizada por Vertixe Sonora —un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre música e outras artes— en cooperación con Musicadhoy, conta coa colaboración do MARCO, onde ten lugar unha parte dos concertos e obradoiros.

xoves, 31 out 2013
1383225836image001.jpg
Agrupada en diferentes bloques, a programación desenvólvese en varios puntos da cidade e abrangue concertos de música contemporánea, música electrónica, música improvisada, intervencións en espazos públicos, instalacións sonoras, obradoiros especializados, cursos de divulgación e actividades de dinamización para os máis novos.

Concerto
VENRES 1 de novembro, ás 21.00
CONCERTO
Ulobit + kanukananina
Ulobit
kanukanakina (Miguel Pipa)
Salón de actos
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo

Obradoiro
SÁBADO 2 de novembro, de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
DOMINGO 3 de novembro, de 11.00 a 14.30
OBRADOIRO
Miguel Pipa. ‘Circuit Bending’
Inscrición: 20 €
Número máximo de participantes: 12
Destinatarios: músicos, artistas, científicos e público en xeral
Información e inscricións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com
Descargar todas as imaxes

Máis información