Escoitar

Vigo revive a era Mesozoica grazas á exposición "Days of the Dinosaur"

O alcalde, Abel Caballero, participou este xoves na inauguración desta mostra, que reúne no IFEVI a máis de 200 dinosaurios, desde hoxe ata o 19 de xaneiro, coa colaboración do Concello de Vigo. Esta exposición chega á cidade despois de pasar por urbes como París, Viena, Montevideo ou Tel Aviv, entre outras.

xoves, 31 out 2013
1383224669PB013870.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na apertura da mostra "Days of the Dinosaur", que acolle o IFEVI desde hoxe ata o próximo 19 de xaneiro, e no que colabora o Concello.

Esta mostra, concebida para todos os públicos desde os 3 anos de idade, percorreu máis de 50 cidades -como París, Viena, Budapest, Bogotá, Montevideo, Asunción e Tel Aviv, entre outras- antes de recalar en Vigo. "Days of the Dinosaur" ofrece máis de 200 dinosaurios, 50 animatrónicos e de tamaño real, nunha exposición que traslada ao visitante á era Mesozoica, ao reinado dos dinosaurios. Está dividida en varios apartados: area interactiva, arenero, mesas de dibuxo, zona de excavación, dinosaurios interactivos, dino shop, dino ride e dino foto.

Os prezos para os colexios será de 5 euros por alumno, 4 euros no caso dos centros de Vigo, e terán un servizo de transporte gratuito. Para adultos, a entrada asecende a 9 euros e 6 para os nenos. Tamén véndese un pack familiar de 2 adultos e 2 para nenos por 25 euros.

Abel Caballero asegura que a mostra é "impresionante", cunha "calidade e realismo certamente excecional", invitou á cidadanía a asistir en familia e agradeceu a "coordinación de tantas empresas e institucións" que fixeron posible a súa presenza en Vigo.
Descargar todas as imaxes