Escoitar

Comezan as xornadas A ARTE TEN XÉNERO? Unha introdución sobre xénero e creación artística.<br />

O luns, 4 de novembro, ás 19.00h comezan, na Fundación Laxeiro, estas xornadas sobre arte e xénero, impartidas pola consultora en cuestión de xénero, Dolores Ruiz e coordinadas polo Profesor titular da Universidade de Vigo Ignacio Pérez – Jofre Santesmases.

xoves, 31 out 2013
Debido ao alto índice de demanda, a Fundación Laxeiro ampliou as prazas, a 25 persoas, ademais de activar unha listaxe de dez suplentes.

As xornadas desenvolveranse durante os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 19.00h a 21.00h nas instalacións da Fundación Laxeiro segundo o seguinte programa:
Luns 4, de 19h a 21h. A arte ten xénero? Marco conceptual
Martes 5, de 19h a 21h. Canon e creación: o difícil valor da diferenza
Mércores 6, de 19h a 21h. Xogamos co xénero. Traballo cunha obra propia ou allea

Estas xornadas nacen da observación do estancamento en cuestións de xénero que se observa no mundo da creación e a programación artística. Cambiar esta situación implica unha transformación dos modelos estéticos e arquetipos culturais imperantes nos ámbitos creativos e de comunicación

Dolores Ruiz é especialista en cuestións de xénero e políticas de igualdade. Máster cum laude en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderazgo por a Universidade de Vigo; especialista en auditorías de igualdade de mulleres e homes por a Universidade Jaume I de Castelló; licenciada en Filoloxía Hispánica por a UNED e diplomada en Estudos Avanzados dentro do programa de doutoramento Literatura española e Teoría da literatura por a Universidade de Vigo. Ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de cursos, talleres e xornadas sobre as relacións de xénero no mundo laboral, educativo e familiar, para diversas organizacións e na realización de diagnósticos e plans de igualdade de oportunidades para diferentes organizacións empresariais galegas. Impartiu numerosos talleres de educación sexual e prevención de violencia de xénero para alumnado da ESO, ademais de talleres para pais e nais de alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Tamén Ten realizado estudos socioeconómicos e plans de igualdade para diversas administracións locais en Galicia e coordinado talleres sobre igualdade para traballadoras e traballadores sociais da Xunta de Galicia.

As xornadas están organizadas dentro das actuacións que a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo leva a cabo de xeito transversal en diferentes ámbitos sociais e, nesta ocasión, inscríbense dentro das actividades da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, cuxo coordinador é o profesor titular desta facultade e artista, Ignacio Pérez-Jofre Santesmases.