Escoitar

O Concello lanza de novo a campaña solidaria de recollida de bicis para nenos desfavorecidos

Xunto A Golpe de Pedal, o Concello coorganiza unha nova edición da campaña municipal de recollida de bicis "Unha bici, un sorriso", pola que se recollen e arranxan para ser entregadas aos nenos con menos posibilidades. O teléfono gratuíto 010 ofrece información sobre a iniciativa e os puntos de entrega en Vigo. Este ano, como novidade, o periodo de recollida e entrega esténdese a todo o ano, e non á campaña do Nadal como ata do de agora.

mércores, 30 out 2013
1383137170bici.JPG
O alcalde presentou hoxe martes esta iniciativa solidaria que consiste na recollida das bicicletas en desuso, o seu arranxo e entrega, a través de ONG, a nenos con escasos recursos que forman parte do programa municipal "Infancia e Familia" ou a persoas sen recursos a través de ONGs que o soliciten previamente.

O Concello de Vigo e A Golpe de Pedal, coa colaboración de Novagalicia Banco, a Fundación do Celta e nove establecementos da cidade, fan posible esta proposta, que permitiu entregar o ano pasado 127 bicicletas. Os puntos de recollida son as tendas Anca, Bicitotal, Bici O Con, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Trek, Cromoly, Norbike y XtremeBike, que arranxarán de balde as bicicletas que o precisen, antes de ser entregadas.

A Golpe de Pedal pasará unha vez á semana para facer o reparto ás tendas e o Concello aporta un vehículo para facilitar o transporte. O depósito será nas instalacións municipais de Santa Cristina.

Tal e como explicaron os responsables de A Golpe de Pedal, este ano entregarase un certificado e unha pulseira solidaria aos donantes. O teléfono gratuito 010 facilitará todo tipo de información sobre esta campaña solidaria.
Descargar todas as imaxes