Caballero eloxia ao equipo de Vigópolis, a serie web sobre a cidade que inicia o luns a gravación
Vigópolis, a serie web con Vigo como protagonista, presentou este mércores ao seu elenco, unha vez rematado o casting, e o video promocional. No acto, coa participación de actores, directores e a presenza do alcalde, Abel Caballero, anunciaron que o luns comezan a gravar a serie no Quiñones de Leon.
Abel Caballero participou este mércores no acto celebrado na Galería de Alcaldía coa presenza dos actores e actrices seleccionados e a proxección do video promocional de Vigópolis, que prosegue o próximo luns a súa andaina co inicio das gravacións no Pazo Museo Quiñones de Leon.
A nova serie web, dirixida por Fabián Figueroa e Piño Prego adáptase ás necesidades actuais e ofrecerá ao espectador unha nova visión e concepto de Vigo e a súa xente. A idea desta serie web, a rodar en Vigo e nos seus arredores, é que os vigueses e viguesas teñan unha participación "notable" na mesma, tanto os actores principais como os figurantes, extras e incluso guionistas, a través dun concurso de tramas no que os interesados poden enviar propostas para a realización de posteriores capítulos, optando a un premio e á colaboración na rodaxe.
O obxectivo pasa por dar a coñecer novas e descoñecidas zonas de Vigo, a súa gastronomía e as praias, como forma de promocionar turísticamente a cidade como urbe dinámica e creativa. A serie seguirá a vida do seu protagonista, un novo actor vigués de 33 anos que regresa á cidade tras catro anos en Madrid para presentarse a unha proba de cámara.
Descargar todas as imaxes