O Concello coopera coa CIG asinando un convenio por importe de 15.000 euros
Abel Caballero e o responsable da CIG comarcal, Serafín Otero, asinaron hoxe un convenio de colaboración por importe de 15.000 euros. Este acordo ten por obxectivo cooperar coas actividadades da entidade sindical.