martes, 29 out 2013
O pavillón municipal de O Carme acollerá os próximos 1 e 2 de novembro o final da Copa de España de Freestyle Slalom, o circuíto oficial máis importante que se organiza no noso país. O evento incluirá o sábado un roteiro urbán en patíns con saída e chegada á Praza de América e a participación será gratuita.
martes, 29 out 2013
O alcalde rubricou o acordo este martes coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, entidade que percibe do goberno de Vigo 16.000 euros para colaborar na difusión da cultural mariñeira. O Concello tamén empréstalles embarcacións tradicionais de propiedade municipal -traíña, galeón, gamela...- para as súas actividades promocionais.
martes, 29 out 2013
A obra de Teresa Moure, Herba Moura" será o libro que se abordará no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo o mércores 30, ás 18 horas, a cargo da xuiza Paz Filgueira.