Escoitar

O Pleno pide ao Concello que elimine o tráfico rodado e o estacionamento no monte do Castro

Cos votos do BNG e a abstención de populares e socialistas, a Corporación aprobou a proposta de suprimir o tráfico no Castro, salvo para o acceso ás vivendas e servizos municipais e para a entrada da fortaleza, con posibilidade de parar mais non de estacionar vehículos.

luns, 28 out 2013
A moción nacionalista insta ao goberno de Vigo á eliminación do tráfico rodado en todo o monte, agás para o acceso á fortaleza ata a rotonda, onde sería posible parar e deixar viaxeiros mais non estacionar o vehículo. Outra excepción á prohibición sería para o acceso ás vivendas e os servizos municipais situados na parte baixa do Castro.

A proposta inclúe asemade a "colocación dun chan axeitado nas zonas recuperadas para os peóns e a habilitación de camiños para rutas peonís accesibles", con limpeza, sinalización, eliminación de chanzos e información sobre o patrimonio natural e cultural do monte. A iniciativa busca ademais o aproveitamento de espazos para a construción dunha pista polideportiva, a habilitación dun espazo delimitado para cans e mesas de xogo, xunto á reapertura ao público do depósito arquelóxico do Castro.