Pleno da Corporacion Municipal, sesión ordinaria
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 16
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 28 de OUTUBRO de 2013, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: sesión extraordinaria do 5 de agosto e sesión ordinaria 9 de setembro de 2013.
2.- Declaracións institucionais.
3.- Ditames das comisións informativas:
XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Solicitude de compatibilidade para o exercicio de actividades privadas da Concelleira Dª. Teresa Egerique Mosquera. Expte. 752/1101
ECONOMIA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2.- Dar conta da Resolución da Alcaldía de data 25.09.13 referente aos marcos orzamentarios para o período 2014-2016. Expte. 102234/140 (753/1101)
3.3.- Dar conta do Informe do Interventor Xeral sobre o estado de Execución do Estado de Gastos e Ingresos do Orzamento correspondente ao terceiro trimestre do 2013. Expte. 102239/140 (758/1101)
POLÍTICA SOCIAL, CULTURA E DEPORTES
3.4.- Proposta de cambio de denominación da Biblioteca Pública Central de Vigo polo de "Biblioteca Pública Juan Compañel". Expte. 14339/331 (754/1101)
3.5.- Proposta de nova denominación da rúa da "Carballeira da Rabadeira" para o tramo comprendido entre o vial que comeza na Rúa Darío Durán Gómez, 14 e remata na Avda. da Florida, 36. Expte. 14385/331 (755/1101)
3.6.- Proposta de nova denominación do "Camiño do Padrón do Couto" para o tramo comprendido entre a estrada Clara Campoamor s/n e a estrada de Zamáns nº 157 (PO331), así como a súa inclusión no rueiro do Concello. Expte. 14384/1101 (756/1101)
3.7.- Proposta de nova denominación da "Rúa da Barxa do Covelo" do vial da parroquia de Lavadores que comeza na Estrada de Vilar, 69 e remata na Avda. de Madrid,193, así como a súa inclusión no rueiro do Concello. Expte. 14386/331 (757/1101)
URBANISMO
3.8.- Aprobación definitiva do "Plan Especial de rehabilitación e urbanización de espazos interiores no polígono de Coia". Resolución de alegacións. Expte. 12639/411 (751/1101)
3.9.- Aprobación definitiva do "Plan especial de Reforma Interior da APR A-5-31 POULO. Resolución de alegacións. Expte. 11483/411 (750/1101).
3.10. Proposta de corrección de erros no APR A-3-21 Alfageme AOD. Expte. 14346/411 (765/1101).
3.11. Aprobación definitiva da Ordenanza Municipal de Tramitación de Licenzas Urbanísticas e outras formas de intervención. Resolución de alegacións. Expte. 1021/400 (766/1101).
4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.
5.- Mocións:
5.1.- Moción do grupo político Socialista instando á Deputación a realización de obras de urbanización na estrada Garrida-Valladares e a mellora das condicións de seguridade para a circulación de vehículos. Expte. 738/1101
5.2.- Moción do grupo político Socialista manifestando o rexeitamento do novo copago para os fármacos que se dispensan nos hospitais e instando á Xunta de Galicia a petición ao Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, de derrogación da Resolución de 10.09.2013. Expte. 761/1101.
5.3.- Moción do grupo político Socialista instando á Xunta de Galicia a que cumpra os compromisos co atletismo vigués e inicie os trámites para a execución das obras de remodelación do Complexo de atletismo en Balaídos. Expte. 760/1101.
6.- Asuntos ou mocións urxentes.
PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.
1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
1.3.- Dar conta da resolución da Alcaldía na que se delegan as competencias do concelleiro D. Cayetano Rodríguez Escudero no concelleiro D. Carlos López Font. Expte. 730/1101.
1.4.- Dar conta da resolución da Alcaldía na que se delega no concelleiro de Fomento as atribucións precisas para a dirección técnica e política, xestión, seguimento, tramitación e execución do expediente "Proxecto de investimento de mellora e reposición de uso do patio do CEIP A.R. Castelao-Navia". Expte. 759/1101.
2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.
3.- Comparecencias de membros da Corporación.
4.- Mocións.
4.1.- Moción do grupo político do BNG instando ao goberno municipal á eliminación do tráfico rodado no Monte do Castro e habilitación de camiños para rutas peonís así como á construción dunha pista multideportiva. Expte. 762/1101.
4.2.- Moción do grupo político do Partido Popular instando ao Concello, Xunta e Goberno do Estado a elaboración de plans de Igualdade, apoio empresarial e contra a discriminación da muller. Expte. 614/1101.
4.3.- Moción do grupo político do Partido Popular instando ao goberno municipal á apertura da piscina do complexo da ETEA e á posta en marcha do campo de fútbol, así como ó compromiso de mudar a superficie dos terreos de xogo dos campos de fútbol de Samil e das Travesas. Expte. 763/1101.
4.4.- Moción do grupo político do Partido Popular instando ao goberno municipal a que avalíe a situación das traballadoras dos centros cívicos ás que non se lles renovou o contrato e as teña en conta en próximas convocatorias de Plan Emprego Municipal. Expte. 764/1101.
4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.
5.- Formulación de rogos.
6.- Formulación de preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día VINTE E OITO DE OUTUBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 24 de outubro de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.