luns, 21 outubro 2013

O Concello edita e distribúe un libro infantil sobre "Xabarín" coa Escola Infantil Monte da Guía

luns, 21 out 2013

O alcalde mantivo hoxe un encontro con responsables do equipo docente da Escola Infantil Monte da Guía para coñecer "Xabarín 18", un libro que, editado polo Concello, xurde coa idea de divulgar a figura da personaxe infantil que tanto fixo pola normalización da lingua. Tal e como explicou o rexedor, o Concello distribuirá exemplares ás bibliotecas de todos os centros educativos da cidade.