Vegalsa-Eroski súmase ao programa de educación ambiental "Camiño a Camiño" do Concello de Vigo
O alcalde e os responsables da empresa subscribiron hoxe venres o convenio de colaboración polo que Vegalsa-Eroski achega 15.000 euros para apoiar o programa de sensibilización e educación ambiental "Camiño a Camiño", promovido polo Concello.
            O convenio rubricado esta mañá estipula que a empresa difundirá as actividades do programa municipal nos seus establecementos e tamén colaborará na xestión de residuos e reciclaxe dos consumidores. O importe do acordo servirá para asumir a contratación e custe de diversas rutas ambientais, dentro e fóra de Vigo, así coma cursos de formación medioambiental que ofrece o Concello no marco do "Camiño a Camiño". 
        
    
                                
                Descargar todas as imaxes