venres, 25 out 2013
Este venres, Abel Caballero fixo entrega das chaves das vivendas de Navia aos beneficiarios do programa municipal de realoxo transitorio por execucións hipotecarias, cinco pisos en aluguer gratuito durante dous anos para familias viguesas que foron ou están en proceso de desafiuzamento.
venres, 25 out 2013
O Concello de Vigo, a través da Xerencia de Urbanismo, ven de aprobar ordenar a Construccións e Astaleiros Lagoa S.A. a demolición dunha nave ilegal situada no camiño de A Lagoa. Trátase dun expediente que ven do 2011 e que obriga á empresa a iniciar o derribo nun prazo de tres meses.
venres, 25 out 2013
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este venres o convenio cos responsables de FEAFES, un acordo polo que o goberno de Vigo achega 4.000 euros para colaborar no financiamento do local que emprega a Federación na rúa Rola.
venres, 25 out 2013
Este luns, 28 de outubro, ás 20:00 h, inaugurarase na planta primeira da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición "MULLERES BAIXO SOSPEITA. Memoria e sexualidade (1930-1980)", organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.
venres, 25 out 2013
A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza as xornadas "A arte ten xénero?", de introdución aos principais aspectos que relacionan xénero e creación artística.As xornadas desenvolveranse na sede da fundación (r/ Policarpo Sanz, 15-3º), os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, e a inscrición é gratuíta.
venres, 25 out 2013
A concellería de Política de Benestar programa un curso de informática básica- LINUX para persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Vigo, sen coñecemento ningún de informática.
venres, 25 out 2013
Comunicámoslle a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da a festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrumpidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.