Escoitar

O goberno local entrega cinco vivendas municipais en Navia para familias desafiuzadas

Este venres, Abel Caballero fixo entrega das chaves das vivendas de Navia aos beneficiarios do programa municipal de realoxo transitorio por execucións hipotecarias, cinco pisos en aluguer gratuito durante dous anos para familias viguesas que foron ou están en proceso de desafiuzamento.

venres, 25 out 2013
Segundo recordou o alcalde, o Concello puxo a disposición sete vivendas municipais en Navia para as familias viguesas que perderon ou están en proceso de ser desafiuzados do seu fogar habitual. Esta mañá, o goberno de Vigo fixo entrega das chaves de cinco pisos, tantos como solicitantes cumpliron as bases, mentres que as dúas restantes volverán saír a concurso público.

Os beneficiarios ocuparán as vivendas durante 24 meses, prorrogables por outros seis de manterse a situación actual, asumindo unicamente o coste de comunidade e os gastos, sen ningún pago ao Concello en concepto de aluguer. Abel Caballero asegurou que a reunión desta mañá foi "moi emocionante" e os afectados lle trasladaron a súa satisfacción por esta "segunda oportunidade".