Urbanismo ordena executar a demolición doutra nave ilegal no camiño de A Lagoa
O Concello de Vigo, a través da Xerencia de Urbanismo, ven de aprobar ordenar a Construccións e Astaleiros Lagoa S.A. a demolición dunha nave ilegal situada no camiño de A Lagoa. Trátase dun expediente que ven do 2011 e que obriga á empresa a iniciar o derribo nun prazo de tres meses.
A Xerencia de Urbanismo acordou hoxe ordear á Construcciones e Astaleiros Lagoa S.A. a demolición dunha nave ilegal instalada no camiño de Lagoa. Este requerimento ven dun expediente que se remonta aos anos 2011-2012 e nestes momentos, comunícaselle a empresa que ten tres meses de prazo para iniciar o derrubamento da instalación, que é outra distinta ás naves que están no porto deportivo, tamén ilegais.
O rexedor tamén deu conta en rolda de prensa da concesión de 15 licenzas de obra e 7 de activade. Entre elas, destacou a licenza de primeira ocupación para o edificio de servizos promovido por Zona Franca no Parque Tecnolóxico e Loxísitico de Beade-Valadares (PTL).
Por outra banda, tamén se aprobou a ocupación defintiva das dúas vivendas da esquina entre Pi i Margall e López Mora. Tal e como detallou, nun mes asinarase o convenio cos propietarios e iniciarase o derribo.