Escoitar

O alcalde anima a presenciar a final da Copa de España de Freestyle Slalom Vigo

O pavillón municipal de O Carme acollerá os próximos 1 e 2 de novembro o final da Copa de España de Freestyle Slalom, o circuíto oficial máis importante que se organiza no noso país. O evento incluirá o sábado un roteiro urbán en patíns con saída e chegada á Praza de América e a participación será gratuita.

martes, 29 out 2013
1383051226patinaje.JPG
O alcalde de Vigo animou a toda a cidade a presenciar a final da Copa de España de Freestyle Slalom-Vigo 2013 que se desenvolverá o 1 e 2 de novembro no pavillón municipal de O Carme. Acompañado de responsables do Club Deportivo Freestyle Slalom Vigo (o primeiro creado en Galicia nesta modalidade) e a asociación de cultura urbana Vigo Extreme, o rexedor resaltou que se trata do circuito oficial máis importante que se celebra no noso país.

O Freestyle Slalom é unha modalidade moi técnica da patinaxe que consiste en realizar figuras técnicas sobre unha ou varias filas rectas de conos dispostos a unha distancia determinada. Este ano, desputáronse 3 etapas desta Copa de España en Madrid, Barcelona e Madrid, e desde estes puntos, e outros moitos, chegarán deportistas para competir na nosa cidade.

Desde o venres 1 ás 15,00 horas ata o sábado ás 17,30 horas, poderemos gozar das modalidades que esta disciplina presenta: classic, battle, speed slalom, derrapes, saltos e jam. O sábado ás 18,30 horas, haberá un roteiro urbano en patíns con saída e chegada desde a Praza de América, cun percorrido por distintas zonas da cidade, como Samil, o Náutico ou a Porta do Sol. A entrada é gratuíta tanto ao evento deportivo como á carreira urbana.
Descargar todas as imaxes