O alcalde saúda os 40 postos de traballo que crea na cidade a nova tenda de Mercadona
Abel Caballero asistiu á inaguración do novo supermercado de Mercadona que abriu hoxe na Avenida de Madrid e o Camiño do Raviso. Durante unha rolda de prensa, o rexedor destacou o investimento de 4,5 millóns de euros e os 40 postos de traballo fixos que se xeran na cidade.