Escoitar

O alcalde e CC.OO. comparten a "oposición total" á reforma da lei das administracións locais

Abel Caballero mantuvo este luns unha reunión con responsables do sindicato para abordar a reforma lexislativa que impulsa o Estado. Comisións trasladou ao alcalde a súa "indignación" polo "golpe certero e total ao municipalismo", que elevará os costes e empeorará os servizos prestados á cidadanía, segundo sinalou Caballero.

luns, 4 nov 2013
1383569404ccoo.JPG
Caballero explicou o contido da reunión apuntando que a reforma que proxecta o Goberno de España para as administracións supón o "cercenamento das políticas sociais dos concellos", e enfatizou que "centos de concellos de Galicia", desde a entrada en vigor da lei, serán gobernados desde as deputacións provinciais.
Descargar todas as imaxes