Escoitar

O rexedor felicita aos responsables de APEC pola súa aposta de futuro co Coworking

Abel Caballero eloxiou esta mañá a aposta de APEC polo Coworking, unha nova "forma de organización de proxectos que significa economía de escalas, sinerxias, que dan acomodo a novos profesionais". Durante unha visita as instalacións da asociación empresarial, aludiu tamén a ubicación da sede, na rúa Real, unha mostra máis da recuperación do Casco Vello.

martes, 5 nov 2013
1383656955apec.JPG
O alcalde de Vigo referiuse ao Coworking como un xeito de "darlle unha posibilidade á xente que está empezando", agradecendo o esforzo da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra de "darlle un paraugas á mocidade, á unha xeración tan cualificada". Durante unha visita ás intalacións de APEC, na rúa Real, amosou o apoio municipal a unha iniciativa que xurde coa intención de que profesioanais independentes, emprendedores ou micropymes poidan desenvolver os seus proxectos de xeito independente e compartindo espazos.

Acompañado por responsables do Colexio de Arquitectos, Inxeñeiros de Caminos, Portos e Canais, o alcalde louvou o "exquisito" gusto artístico pola recuperación e dinamismo do Casco Vello, en alusión á ubicación da sede, advertindo de que "a recuperación do Casco vello é importante na recuperación de Vigo". Durante a presentación desta iniciativa, Caballero augurou que o sector da construcción tendrá futuro "porque a recuperación da cidade levará aparellado a recuperación da construcción".
Descargar todas as imaxes