Mesa redonda sobre... CINE<br /> <br />
Anna Amorós presenta ,o mércores 6 de novembro ás 19.00 horas, a mesa redonda sobre CINE dentro do ciclo de charlas "Novas Creadoras, novos valores" que promove a concellería de Igualdade no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.Na mesa redonda participarán como relatoras Beatriz Barros, Sonia Méndez, Noel Queipo, Alba Sotelo
Neste ciclo de charlas falase con mulleres novas que están traballando no ámbito profesional en distintos campos artísticos como a música, o cine e as artes plásticas. Todas teñen en común o seu talento, un camiño iniciado na súa carreira artística e uncamiño por percorrer...O ciclo pretende visibilizar as mulleres que representan novos valores no campo dacreación artística e analizar a súa situación desde o punto de vista de xénero.
Anna Amorós
Profesora titular de Cine na Universidad de Vigo. Doutora en Ciencias da Comunicación (UAB). Guionista e directora de documentais. Premio "Boas Prácticas de Comunicación non Sexista, 2012" (Associació de Dones Periodistes de Catalunya), Xornalista de Honra 2010 (Asociación da Prensa de Vigo). Xefa do Gabinete de Comunicación Col.legi de Directors de Cinema de Catalunya. Directora de Obradoiros de Cine (AGAG, 1999-2007). Coordinadora de AUGAL (AGADIC). Integrante da Comisión Asesora Libro Branco do Sector Audiovisual Galego (2005) e da Comisión Avaliadora de Subvencións ao audiovisual galego para a Xunta de Galicia.
Beatriz Barros (Vigo, 1988)
Guionista, realizadora, cámara e edición en televisión local, vídeos promocionais para empresa
pública, documentais. Traballa como guionista para proxectos en produción. Técnica Web eredactora na edición dixital de Faro de Vigo. Axudante de realización e produción en Proyecto C3.Finalizou os seus estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo en 2010 e realizouun máster en "Creación, desenvolvemento e comercialización de contidos audiovisuais". Formaparte do equipo que presentou recentemente a videocreación de "Camina. La Bella Otero"(ProyectoC3), premiado a nivel nacional polo INJUVE.
Sonia Méndez (Vigo, 1980)
Cunha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual deuse a coñecer coa serie"Terras de Miranda" e "Os Atlánticos" emitidas na TVG. Participou en longametraxes como"Rafael"de Xavier Bermúdez, "Unha muller Invisible" de Gerardo Herrero e "Por mi y por todos mis compañeros" de Judas Diz o "El Sexo de los Ángeles" de Xavier Villaverde, película pola que foi nominada á mellor actriz secundaria nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, 2013. Como directora ten realizado diversos curtametraxes: "Perversa Lola", "Leo y Mario (se dejan)", "As
Damas Negras" e "Conversa cunha muller morta". É creadora, guionista e actriz da serie online
"Angélica e Roberta" xunto con Sandra Lesta.
Noel Queipo (Pontevedra, 1988)
Guionista, realizadora, montadora e cámara en vídeos promocionais, documentais, videoclips e colaboradora na redacción de reportaxes e crónicas para revistas culturais. Traballa como reportera
en radio e televisións locais. Realizadora e Community Manager en Proyecto C3. Finalizou os seus
estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo en 2010 e realizou un máster en
"Creación, desenvolvemento e comercialización de contidos audiovisuais". Forma parte do equipo
que presentou recentemente a videocreación de "Camina. La Bella Otero" (ProyectoC3), premiado
a nivel nacional polo INJUVE.
Alba Sotelo (Bueu, 1988)
Con gran interese polo cine e as artes audiovisuais, traballou en distintos entes e produtoras entre
os que se atopan CRTVG, Melodía Visual, Artemática Producciones S.L e Hipotálamo Films realizando
labores de guión, gravación, montaxe, deseño gráfico e fotografía. Nesta última colabora
activamente na montaxe do filme sen ánimo de lucro e de carácter social Idiotas, con próxima
estrea no 2013. Ten colaborado en proxectos documentais para a Universidade de Vigo como
"Ciencia no camino" ou "Ciencia y arte", ambos galardonados con premios do sector. Actualmente,
traballa no campo da fotografía de prensa para o Diario de Pontevedra.