O goberno de Vigo adica 5,8 millóns para axuda no fogar a discapacitados e maiores de 65 anos
Despois de ser publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, o alcalde informou este martes da contratación, por dous anos, do servizo de axuda no fogar, destinado a discapacitados e persoas maiores de 65 anos, do que no 2012 se beneficiaron case 700 usuarios.