O Concello elaborará con Vodafone planos dos niveis de cobertura na cidade
Así o comunicou Caballero despois da entrevista mantida este mércores cos responsables en Galicia da compañía. Vodafone trasladou ao alcalde que ofrecen cobertura no 90% do territorio municipal, "significativamente importante" no rural, puntualizou Caballero.
A dirección galega da compañía deu a coñecer ao alcalde a evolución da implantación en Vigo do sistema 4G de transmisión de datos e lle comunicaron ademais que Vodafone cubre o 90% do término municipal, unha "cobertura significativamente importante" na zona rural, onde habitan 70.000 vigueses.
Descargar todas as imaxes