Escoitar

Presentacion do libro "Quiero mi vida" de Carmen Novo Colldefors

No Centro de Documentación e Recursos Feministas terá lugar, o xoves 7 de novembro ás 19.00 horas, a presentación do libro "Quiero mi vida" de Carmen Novo Colldefors (Ed. Carena, 2012).<br />

xoves, 7 nov 2013
1383824917portada.jpg
Sipnoses:
Pilar, despois de varios anos de matrimonio con José, dáse conta de que non está satisfeita coa súa vida. Tratará de cambiala buscando un traballo, pese á oposición do seu marido, home autoritario e machista, co que comezan os enfrontamentos, aos que non son alleos a súa filla María e o seu fillo
Gonzalo, que se verán ás veces confusos pola situación que atravesan os seus pais. Ao redor de Pilar xiran as persoas da súa vida cotiá: familiares, amigas/os, veciñas/os, compañeiras…, que teñen os seus propios problemas. Pilar, polo seu carácter xeneroso e complacente, pasará por experiencias, en
ocasións, inesperadas. A loita pola igualdade non lle resultará nada fácil, como a tantas mulleres que ignoran a importancia dos modelos herdados dun pasado do que non saben como desprenderse.

Carmen Novo Colldefors naceu en Lugo, en 1957. Desempeñou durante doce anos o cargo de fiscal delegada do Servizo de Violencia de Xénero en Pontevedra. En xaneiro do 2012 foi nomeada como tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes