Escoitar

O goberno local completa un novo tramo da humanización de Brasil e mantén os aparcamentos

O alcalde visitou este luns o treito entre México e a Gran Vía, a segunda fase da humanización de Brasil cun importe superior aos 630.000 euros. O Concello completará a reforma de toda a rúa acometendo a terceira fase e elevando o orzamento total a 2 millóns de euros.

luns, 18 nov 2013
1384779548brasil.JPG
Abel Caballero explicou que a humanización do segundo tramo da rúa Brasil, recentemente concluída, supuxo a renovación de 750 metros de canalizacións soterradas para o abastecemento, o saneamento e as augas pluviais.

O Concello mantén as 16 prazas de estacionamento existentes e instalou nestre treito 19 puntos de luz, 4 papeleiras, 9 árbores e xardineiras, segundo informou o alcalde durante a visita, a incorpora medidas de aforro enerxético coas placas solares. O goberno de Vigo completará a reforma da rúa Brasil, que sumará un orzamento de dous millóns de euros.

Abel Caballero asegurou que a de Brasil é unha "humanización modélica no centro da cidade", salientou as melloras que conlevan as reformas de rúas para a sostibilidade e concluíu afirmando que "Vigo ocupa un lugar destacado" no ámbito das cidades intelixentes e a sostibilidade.
Descargar todas as imaxes