Escoitar

"Mulleres baixo sospeita.Memoria e sexualidade(1939 -1980)" , exposición na Casa das Artes

Ata o 30 de noviembre permanecerá aberta a exposición "Mulleres baixo sospeita.Memoria e sexualidade(1939 -1980)" que organiza a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo en colaboración do Departamento de Museos.<br /> <br />

luns, 18 nov 2013
1384775298mulleresbaixosospeira.jpg
O tema que guía a exposición é a sexualidade das mulleres entre 1930 e 1980, e que a través dos obxectos e documentos que tiveron preto das súas vidas (documentación orixinal, libros, fotografías, carteis, pinturas, obxectos, etc) marcará un percorrido temático e non lineal entre o íntimo e o público, o pupular e as elites, o anónimo e o concreto.

Un mosaico inacabado cunhas protagonistas: as mulleres postas baixo sospeita durante a ditadura franquista, que malia estaren duramente reprimidas en ocasións atoparon espazos nos que se expresaren con voz de seu. A sexualidade é o fío que nos guía para ir mesturando a vida íntima e a vida pública dunha ditadura que quixo, e ás veces logrou, dirixir os corpos e as almas. Pero que tamén fracasou no seu propósito totalizador, baixo o impulso das "novas" mulleres" e a memoria das maiores.

O cambio e as resistencias móstranse cos diferentes contidos de cada espazo. O tema, o estilo e os materiais propostos son claramente recoñecibles, evitándose a monotonía, pero asemade, hai elementos comúns e propósitos que unifican e orientan o itinerario: uns moi breves datos sobre o estado material do país (alfabetización, natalidade, emprego feminino); o recurso á iconografía da época (carteis, estampas, manuais ou breviarios, publicidade, propaganda, obxectos cotiáns); a mestura de niveis (elites e cultura popular; decisións do réxime e efectos cotiáns); a presenza de trazos xerais e de personaxes concretos, con nomes e apelidos, mulleres, protagonizan cada espazo e mesturan a súa biografía coa temática xeral.

A mostra divídese en cinco áreas temáticas :
- As modernas
- Individuas de dubidosa moral
- As domesticadoras
- As decentes
- As liberadas
Descargar todas as imaxes