Silva apela á forza da sociedade civil na defensa dos dereitos das persoas nunhas xornadas de Xustiza e Sociedade
A tenente de alcalde, Carmela Silva, destacou hoxe venres o traballo de colectivos que loitan contra os desafiuzamentos ou as preferentes como exemplo da forza da sociedade civil. Na apertura das XVII Xornadas de Outono de Xustiza e Sociedade, instou a aunar forzas na defensa dos dereitos das persoas augurando que "o futuro está na sociedade civil organizada".
"Cando as administracións non son sensibles coas necesidades dos cidadáns algo grave está pasando" dixo Carmela Silva durante a apertura dunhas xornadas tituladas: o fortalecemento dos dereitos fundamentais, como medio de superación dos recortes legais e da crise económica. Durante o seu discurso de apertura, a tenente de alcalde augurou que "o futuro está na sociedade civil organizada" e insistiu na necesidade de defender políticas que convirtan os dereitos das persoas no máis importante. Abogou por que desde a política se apoie a movementos cidadáns tan comprometidos como os que loitan contra os "desafiuzamentos ou as preferentes". A deputada socialista agradeceu aos ponentes e asistentes o seu grado de compromiso na loita dos dereitos da maioría "grazas por non parar nunca", rematou.
Estas Xornadas de Outono celebránse hoxe e mañá no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia, baixo a organización de Xustiza e Sociedade.
Descargar todas as imaxes
Estas Xornadas de Outono celebránse hoxe e mañá no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia, baixo a organización de Xustiza e Sociedade.