xoves, 14 novembro 2013

Caballero apoia aos traballadores de limpeza do Hospital Xeral no seu conflicto laboral

xoves, 14 nov 2013

O alcalde mantivo este xoves unha reunión cos representantes do comité para abordar a situación que están a atravesar os empregados de limpeza do hospital. Abel Caballero trasladoulles o seu apoio á defensa das súas condicións laborais e indicou que os traballadores non poden pagar o coste da crise. "É unha reclamación xusta porque non piden nada descabellado senón permanecer como están", dixo Caballero ao tempo que amosou a súa preocupación polos efectos deste conflito nas concidións de hixiene do centro hospitalario.

Festa aniversario ‘11xMARCO’

xoves, 14 nov 2013

O MARCO cumpre once anos dende a súa apertura ao público, o mércores 13 de novembro de 2002. Con motivo desta celebración, o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de novembro terá lugar a Festa do 11º Aniversario, cun programa de actividades para públicos de todas as idades.