Escoitar

O Concello amplía a celebración da festa da Reconquista a tres días no 2014

O alcalde avanzou hoxe xoves que a próxima celebración da Festa da Reconquista alongarase ata os tres días. Dado que o día 28 de marzo cadra en venres, Concello e organización acordaron esta mañá ampliar os actos festivos ata o domingo.

xoves, 14 nov 2013
1384438832CASCO.JPG
Os vigueses disfrutarán no ano que ven dun día máis de celebración da Festa da Reconquista, tal e como acordaron hoxe xoves o alcalde e os representantes da Asociación de Veciños do Casco Vello. Aproveitando que o día 28 de marzo será venres, organizadores e Concello decidiron prolongar os actos festivos ata o domingo coa conseguinte ampliación orzamentaria. Logo do encontro no que tamén participaron a tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, Abel Caballero avanzou o obxectivo de converter este evento nunha festa de interese nacional, unha categoría que se pode solicitar cinco anos despois de ser declarada de interese galego. Engadiu que se traballará para darlle a esta festa entidade supraterritorial para cumprir os requisitos que demanda este recoñécemento.
Descargar todas as imaxes