O parque de A Bouza eleva a 46 o número de áreas biosaudables da cidade
Coa posta en marcha do parque de A Bouza, Vigo conta xa con 46 áreas biosaludables, as que se suman as áreas deportivas do Castro e Castrelos. Tal e como explicou o rexedor durante a visita a este parque de Coia, "cando chegamos ao goberno había so un área biosaudable".
O rexedor supervisou as obras de remodelación que se veñen de acometer no Parque de A Bouza, coa posta en marcha dunha nova área biosaludable. Dez elementos para practicar exercicio que "veñen a cubrir unha grande demanda cidadá" dixo Caballero ao tempo que avanzou que tamén se colocarán bancos. Durante a visita, lembrou que nestes momentos hai 46 áreas biosaudables na cidade, que se complementan con dúas zonas deportivas no Castro e Castrelos. "Cando chegamos ao goberno había un so parque biosaudable", destacou o rexedor.
Descargar todas as imaxes